Buscando obter fondos para enviar a Somalia a través da ONG Médicos Sen Fronteiras, estamos organizando unha exposición/poxa de traballos artísticos.
Será o 10 de setembro, en Vigo, no local "Detrás do Marco Art Café "
Contamos coas actuacións musicais de B.B. David, Silvia Womami, Dolce Vita Sons de Cine e Walter César
De quedaren obras sen vender, éstas serán devoltas aos autores/as das mesmas.
O 100% DO RECADADO SERÁ PARA MÉDICOS SEN FRONTEIRAS CON DESTINO AO CORNO DE ÁFRICA

É unha iniciativa POPULAR sen selo político.

12/9/11

GRAZAS A TOD@S

"A Nosa Colleita para Somalia", evento feito a base de doazóns de artistas galegos (Pintores/as, Fotógraf@s, Poetas, Artesáns, escultores/as) co fin de recadar cartos para o Corno de África.

O total acadado foi de 3095,31€.



Ao remate do acto fixoselle entrega a Fran Román (representante de Médicos sen Fronteiras) do carto recolleitado.





No hay comentarios:

Páginas